xoves, 29 de maio de 2014

Sechu Sende

Durante o mes de maio tivemos, na entrada do centro, a exposición de Sechu Sende do seu libro Animais.


O alumnado de 5º escolleu unha das ilustracións e escribiu sobre ela.
Aquí está o resultado

Andrea

Séchu Sende:
Era un día de primavera, as árbores verdes e grandes e o ceo azul e bonito. Alí vivía un paxariño que sempre cantaba coas árbores. Aos outros animais non lle gustaba porque tiñan fillos pequenos e os molestaba. Entón tiveron unha idea: había que buscar unhas persoas para que o adoptaran. Encontraron unha familia e o deron con moito gusto. As persoas encontraron unha casiña de cartón e o deixaron alí. O paxariño, en 5 minutos, esnaquizou a casiña. Entón as persoas compraron unha casa moi moi dura para que non a puidera romper. O paxariño rompeuna en 10 minutos. Entón, o señor, fixo unha casa de metálica a ver si rompía outra vez a casiña pero o paxariño non a puido romper. Os donos pensaron nun nome para el e lle chamaron Código de Barras . Chamárono así porque rompeu todas as casas menos a de metal. Un día, a dona, estaba co paxariño na xanela e o paxariño viu outros paxaros fóra. Cando os viu empezou a píar. a dona emocionouse e o deixou voar cos seus seres queridos.
Fin

Inés
 
O PICA PEIXES


Todos pintaban cadros para o concurso.

Sara no sabía que pintar.


Entón decidiu descansar.

Un picapeixes pousouse no pincel que levaba no pelo

E decidiu pintalo.

Fin.






INES T F

 Alexandre
 
SECHU SENDE
A PESCAR!

O picapeixe quería pescar.
Pero non quedaban ríos nin lagos
os peixes non tiñan onde estar
e a unha bañeira quixeron migrar.

O picapeixe foi pescar
pero ningún peixe foi quen de atopar .
Ata que un día na bañeira decidiu mirar
e por fin os peixes deu por achar.
FIN.

Antón
 
Sechu Sende


A batalla das libeliñas



Comezara a guerra na que o goberno de Madrid quería facer desaparecer a cultura galega do mapa. Os animais axudáronos a defender GALIZA.

AS libeliñas acompañaban aos cazas, os cervos aos tanques...


2 anos despois




Acabara a guerra e había moitos mortos:1000 libeliñas, 500 cervos e 2000 humanos.
Gañamos a guerra pero GALIZA estaba destrozada así que non nos valera para nada facer a guerra.




FIN

As familias continúan implicándose

Na semana das letras, a nai de Martín, Lanzada Calatayud, falounos sobre as linguas no mundo. Traballadora da USC, transmitiu a importancia que as linguas teñen como factor necesario de comunicación. Salientou a importancia de da nosa lingua e como se valorora en Universidades espalladas polo mundo.





venres, 9 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Este ano o autor homenaxeado é Xosé María Diaz Castro. ( 1914 - 1990 ).

Aquí un dos seus poemas
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
 e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
 a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Consulta a ligazón.

Horto escolar

O HORTO organízase en catro franxas de cultivo de 1,5 m. x 3 m. con camiños de malla antiherbas e cortiza de piñeiro bordeándoas. O centro da franxa vístese con bovedillas nas que  caracois e lesmas atoparán a súa casa que nós poderemos desafiuzar. Entre elas van as plantas recendentes ( tomiño, caléndula, romeo,... Cada franxa acolle dúas familias de plantas para poder realizar a rotación.
Á nosa, este ano, alimenta leguminosas e crucíferas.

Plantando leguminosas, crucíferas e recendentes no horto escolar.

Feixóns, coliflor brócoli,... Que outras plantas entran nestas familias? Consulta as ligazóns e investiga.




As familias colaboran

A nai de Inés, Ángeles Fernández, ven de restaurar unha pintura mural en San Bieito do Campo, na praza de Cervantes en Santiago.
Estivo con nós contándonos en que consiste o seu traballo.
Amosou unha presentación sobre a restauración dunha pintura mural na bóveda de San Bieito do Campo e algunhas das ferramentas que utiliza para volver á vida obras como esta.




Museo do Pobo con Celso de Lalín

O 7 de maio visitamos, de novo, o Museo do Pobo. Esta volta da man de Celso Fernández Sanmartín, Celso de Lalín, quen, durante unha hora e media, mantivo a atención do alumnado con cantigas, contos e bocatas de pan con pan. O obxectivo era coñecer apeiros de labranza e a súa utilidade. Grazas a Celso creo que o acadamos.





sábado, 5 de abril de 2014

Horto escolar


O noso horto está en marcha.
Fresando a terra.


A nosa aula deberá preparar unha das franxas de cultivo.
Seguiremos informando.