Penélope |
![]() |
Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza! Consulta a ligazón. |
Este blogue pretende amosar algunhas actividades do alumnado de 3º Ciclo de primaria do CEIP Apóstolo Santiago
venres, 9 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Este ano o autor homenaxeado é Xosé María Diaz Castro. ( 1914 - 1990 ).
Aquí un dos seus poemas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario