xoves, 29 de maio de 2014

Sechu Sende

Durante o mes de maio tivemos, na entrada do centro, a exposición de Sechu Sende do seu libro Animais.


O alumnado de 5º escolleu unha das ilustracións e escribiu sobre ela.
Aquí está o resultado

Andrea

Séchu Sende:
Era un día de primavera, as árbores verdes e grandes e o ceo azul e bonito. Alí vivía un paxariño que sempre cantaba coas árbores. Aos outros animais non lle gustaba porque tiñan fillos pequenos e os molestaba. Entón tiveron unha idea: había que buscar unhas persoas para que o adoptaran. Encontraron unha familia e o deron con moito gusto. As persoas encontraron unha casiña de cartón e o deixaron alí. O paxariño, en 5 minutos, esnaquizou a casiña. Entón as persoas compraron unha casa moi moi dura para que non a puidera romper. O paxariño rompeuna en 10 minutos. Entón, o señor, fixo unha casa de metálica a ver si rompía outra vez a casiña pero o paxariño non a puido romper. Os donos pensaron nun nome para el e lle chamaron Código de Barras . Chamárono así porque rompeu todas as casas menos a de metal. Un día, a dona, estaba co paxariño na xanela e o paxariño viu outros paxaros fóra. Cando os viu empezou a píar. a dona emocionouse e o deixou voar cos seus seres queridos.
Fin

Inés
 
O PICA PEIXES


Todos pintaban cadros para o concurso.

Sara no sabía que pintar.


Entón decidiu descansar.

Un picapeixes pousouse no pincel que levaba no pelo

E decidiu pintalo.

Fin.






INES T F

 Alexandre
 
SECHU SENDE
A PESCAR!

O picapeixe quería pescar.
Pero non quedaban ríos nin lagos
os peixes non tiñan onde estar
e a unha bañeira quixeron migrar.

O picapeixe foi pescar
pero ningún peixe foi quen de atopar .
Ata que un día na bañeira decidiu mirar
e por fin os peixes deu por achar.
FIN.

Antón
 
Sechu Sende


A batalla das libeliñas



Comezara a guerra na que o goberno de Madrid quería facer desaparecer a cultura galega do mapa. Os animais axudáronos a defender GALIZA.

AS libeliñas acompañaban aos cazas, os cervos aos tanques...


2 anos despois




Acabara a guerra e había moitos mortos:1000 libeliñas, 500 cervos e 2000 humanos.
Gañamos a guerra pero GALIZA estaba destrozada así que non nos valera para nada facer a guerra.




FIN

As familias continúan implicándose

Na semana das letras, a nai de Martín, Lanzada Calatayud, falounos sobre as linguas no mundo. Traballadora da USC, transmitiu a importancia que as linguas teñen como factor necesario de comunicación. Salientou a importancia de da nosa lingua e como se valorora en Universidades espalladas polo mundo.





venres, 9 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Este ano o autor homenaxeado é Xosé María Diaz Castro. ( 1914 - 1990 ).

Aquí un dos seus poemas
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
 e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
 a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Consulta a ligazón.

Horto escolar

O HORTO organízase en catro franxas de cultivo de 1,5 m. x 3 m. con camiños de malla antiherbas e cortiza de piñeiro bordeándoas. O centro da franxa vístese con bovedillas nas que  caracois e lesmas atoparán a súa casa que nós poderemos desafiuzar. Entre elas van as plantas recendentes ( tomiño, caléndula, romeo,... Cada franxa acolle dúas familias de plantas para poder realizar a rotación.
Á nosa, este ano, alimenta leguminosas e crucíferas.

Plantando leguminosas, crucíferas e recendentes no horto escolar.

Feixóns, coliflor brócoli,... Que outras plantas entran nestas familias? Consulta as ligazóns e investiga.




As familias colaboran

A nai de Inés, Ángeles Fernández, ven de restaurar unha pintura mural en San Bieito do Campo, na praza de Cervantes en Santiago.
Estivo con nós contándonos en que consiste o seu traballo.
Amosou unha presentación sobre a restauración dunha pintura mural na bóveda de San Bieito do Campo e algunhas das ferramentas que utiliza para volver á vida obras como esta.




Museo do Pobo con Celso de Lalín

O 7 de maio visitamos, de novo, o Museo do Pobo. Esta volta da man de Celso Fernández Sanmartín, Celso de Lalín, quen, durante unha hora e media, mantivo a atención do alumnado con cantigas, contos e bocatas de pan con pan. O obxectivo era coñecer apeiros de labranza e a súa utilidade. Grazas a Celso creo que o acadamos.





sábado, 5 de abril de 2014

Horto escolar


O noso horto está en marcha.
Fresando a terra.


A nosa aula deberá preparar unha das franxas de cultivo.
Seguiremos informando.



Falando de alimentación


Construindo a pirámide de alimentos
Hai alimentos que engordan?

Explicando a súa opinión
Podemos comer de todo?


Canto temos que comer?
Que podemos comer?
Cando debemos comer?
Respostar estas e outras preguntas adecuadamente axudarán a evitar enfermidades relacionadas cunha mala alimentación.





Salón do libro de Pontevedra

No salón do libro de Pontevedra
Cociñando contos.
Anxo Fariña, Fina Casalderrey, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz algúns dos autor@s homenaxead@s.

Nunha das salas coa monitora


Unha horta moi especial


Escollendo alimentos para cociñar

Con todo esto e moita imaxinación cociñamos a nosa historia que xa está nas mans dos organizadores a espera de que lles guste.




xoves, 13 de marzo de 2014

Semana da prensa

                                                   SEMANA DA PRENSA
Na nosa aula realizamos un traballo centrado en elaborar, entre todas, unha definición e unha breve descrición dos tipos de prensa e os xornais dixitais.
Cada quen traballou no seu ultraportátil e rematou a súa investigación.


  -A PRENSA-

QUE É A PRENSA?
É o conxunto de publicacións e persoas que recollen información sobre as novas que ocorren no mundo.
 


MODALIDADES DE PRENSA
As modalidades de prensa poden diferenciarse segundo a periodicidade da súa aparición (diaria,semanal ou mensual,etc).
Tamén se establece distinción segundo o medio que soporta a difusión de noticias (prensa escrita,radio,televisión e os medios dixitais),aínda que en xeral identificase coa información escrita.

TIPOS DE PUBLICACIÓNS
Outro criterio de distinción de tipos refírese a separación de prensa de información xeral e prensa especializada. As publicacións de información xeral ocúpanse de todos os temas mencionados,mentres que a prensa especializada son aquelas que cobren unha area precisa(económica, deportes,música,espectáculos,sucesos,prensa do corazón,etc),ou ben de temas xerais enfocados desde unha perspectiva determinada.

luns, 10 de marzo de 2014

Entroido 2014

O noso entroido

 

O tema do Colexio deste ano foi o "Entroido tradicional". Cada aula escolleu un personaxe.
A aula de 5º de primaria optou polos "Merdeiros" de Vigo.  Este personaxe nace na zona do Berbés vigués e recrea a xenreira entre mariñeiros e labregos. Os primeiros vestíanse desta forma e adentrábanse no interior guindando peixe podre ao que atopaban por diante.
Un pouco de festa e moito traballo de investigación

xoves, 27 de febreiro de 2014

Saída ao Museo do Pobo

Hoxe visitamos o Museo do Pobo Galego completando o traballo da semana sobre o entroido en Galiza

Xeneral da Ulla e "durmiñón".









 Pantallas, boteiros,madamas, galáns e cigarróns,....


Día de Rosalía

Outra presentación sobre Rosalía
Esta de Alexandre
Presentación de Alexandre
Presentación sobre Rosalía de Antón
Está elaborada con Impress e equipamento ABALAR.
Presentación Antón